Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39536

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 30 de setembro de 2013 pola que se nomean os vogais do Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras.

O artigo 44 da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, crea o Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras como órgano de participación e consulta.

Por outra banda, o Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, establece a composición, organización e réxime de funcionamento do devandito órgano.

De acordo co previsto no artigo 76 do regulamento, o Consello estará composto por un número de quince membros en representación da Xunta de Galicia, das corporacións locais, das entidades públicas e privadas e das asociacións e colexios profesionais con interese na materia.

Así mesmo, o artigo 77 da mesma norma regula a composición do Consello, e sinala en primeiro lugar, que o seu presidente/a será o/a conselleiro/a competente en materia de servizos sociais. Como vicepresidente/a actuará o director/a xeral competente en materia de servizos sociais, actuando como vogais da Administración autónoma os/as directores/as xerais competentes en materia de urbanismo e en materia de cooperación coas corporacións locais.

Por outra banda, o mesmo artigo 77 establece que o/a conselleiro/a competente en materia de servizos sociais nomeará, logo da proposta dos respectivos órganos ou entidades, os vogais que actuarán en representación das consellerías da Xunta de Galicia, das administracións locais, das asociacións de persoas con limitacións e mobilidade reducida e dos colexios profesionais relacionados co urbanismo, a edificación, o transporte e a comunicación, sendo a duración do mandato dos vogais representativos de catro anos, según establece o artigo 84.1 do regulamento.

Con base nas circunstancias anteriores, unha vez feitas as correspondentes propostas por parte das consellerías e polas distintas organizacións, cómpre facer o nomeamento dos vogais do Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras, así como publicar os ditos nomeamentos no Diario Oficial de Galicia, tal e como establece o artigo 84.3 do Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, dando cumprimento ao disposto na normativa citada e en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear vogais titulares e vogais suplentes do Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras as seguintes persoas:

1. En representación das consellerías da Xunta de Galicia:

Titular: Ricardo Varela Hentschel, director técnico de Construcións e Calidade (Instituto Galego da Vivenda e Solo, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Suplente: Alberto Balea Filgueiras, xefe da Oficina Técnica de Construción (Instituto Galego da Vivenda e Solo, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Titular: Isabel Vila Barbosa, subdirectora xeral de Planificación Técnica de Mobilidade (Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Suplente: Alfonso Tenorio Aranguren, xefe do Servizo de Infraestruturas de Mobilidade (Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

2. En representación das administracións locais:

Titular: Manuel Taboada Vigo, alcalde do Pino.

Suplente: María del Carmen Francos García, concelleira do Pino.

Titular: César Longo Queijo, alcalde de Paderne.

Suplente. Sergio Platas Casal, concelleiro de Paderne.

Titular: Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño.

Suplente: Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño.

3. En representación das asociacións de persoas con limitacións e mobilidade reducida:

Titular: Anxo Queiruga Vila (Confederación Galega de Minusválidos).

Suplente: Ignacio Rodríguez Sáez (Confederación Galega de Minusválidos).

Titular: Enrique Mª Santos Chas (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Suplente: Iker Sertucha Lista (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Titular: Belén Almagro Pérez (Organización Nacional de Cegos Españois).

Suplente: Ángeles Fernández Usera (Organización Nacional de Cegos Españois).

4. En representación dos colexios profesionais:

Titular: Ángel de la Puente Fernández (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Suplente: Alfredo Díaz Grande (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Titular: Alfredo Freixedo Alemparte (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

Suplente: Enrique Urdiales de Santiago (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia).

5. Experto/a en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras:

Titular: Manuel de Lario Alquézar (Confederación Galega de Minusválidos).

Suplente: Laura Salvador Esteban (Organización Nacional de Cegos Españois).

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar