Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO de información pública sobre balsa de xurro na Igrexa (Bascuas).

María Barcala Martínez tramita licenza urbanística municipal para balsa de xurro que se situará no lugar da Igrexa, parroquia de Bascuas (Vila de Cruces).

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o citado expediente sométese a información pública por un período de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, co fin de que durante o prazo de exposición ao público –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación– poidan examinar o expediente na Secretaría do concello, das 8.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vila de Cruces, 12 de setembro de 2013

Jesús Otero Varela
Alcalde