O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013
Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total do convenio (€) |
Convenio de colaboración polo que se acorda a constitución da agrupación KICGallaecia e se aproban as súas regras de funcionamento |
31.5.2013 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade –Servizo Galego de Saúde–, a Consellería de Economía e Industria –Axencia Galega de Innovación e Instituto Galego de Promoción Económica–, a Consellería do Medio Rural e do Mar, a Consellería de Traballo e Benestar, a Axencia Turismo de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Española de Bioempresas (Asebio), para a organización da Feira Internacional de Biotecnoloxía (Biospain 2014) |
29.7.2013 |
275.000 |
Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario |
2.8.2013 |
80.000 |
Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario |
6.8.2013 |
168.000 |
Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación coa Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario |
6.8.2013 |
222.160 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para executar actividades de apoio á internacionalización das empresas galegas e incrementar a participación en proxectos europeos |
6.8.2013 |
44.146,80 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica |
28.8.2013 |
63.190 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Pharma Mar, S.A.U. para a organización do XIV Simposio Internacional de Produtos Naturais Mariños |
3.8.2013 |
30.000 |