Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2013 pola que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación de montes de Galicia.

O proxecto de decreto polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación de montes de Galicia ten por obxecto o desenvolvemento das instrucións xerais para a ordenación dos montes en Galicia e conterá os principios reitores, os fins, a estrutura e os contidos mínimos que terán que cumprir todos os instrumentos de ordenación e de xestión dos montes situados na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable.

De acordo co exposto, e de conformidade co establecido no parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que establece que, cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen, será sometida a información pública.

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto de decreto polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación de montes de Galicia.

O texto do proxecto de decreto poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico: http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/avisos/vixentes/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico: vicesecretariaxeral.cmrm@xunta.es ou, alternativamente, mediante a presentación do escrito dirixido á Vicesecretaría Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar