Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39424

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e no primeiro cuadrimestre do ano 2013 pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Convenio e obxecto

Importe €

Data de sinatura

Convenio específico de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de estatística, ano 2012.

60.997,46

27.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen custo

15.1.2013

Rescisión do consorcio do monte Castro C-3127, de 53 ha, da pertenza do Concello de Coristanco, A Coruña.

Sen custo

11.2.2012

Rescisión total do convenio do monte Amorín 2716519 da pertenza da Sociedade Agraria de Transformación número 912-XUGA, concello de Pol, Lugo.

Sen custo

11.2.2013

Modificación da superficie do convenio Cestelo 1515576, da pertenza da Comunidade de Isorna, concello de Rianxo, A Coruña.

Sen custo

13.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Galega de Caza para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante accións preventivas sobre a poboación e sobre o territorio e da vixilancia preventiva, detección, disuasión e investigación no marco do Pladiga.

Sen custo

4.3.2013

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Fene para realizar obras de infraestrutura rural.

100.038,12

18.3.2013

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Vigo para realizar obras de infraestrutura rural.

49.951,46

18.3.2013

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Rianxo para realizar obras de infraestrutura rural.

63.655,77

18.3.2013

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello da Coruña para realizar obras de infraestrutura rural.

39.951,31

22.3.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de produtores de plantas ornamentais de Galicia (Asproga) para a caracterización e multiplicación de material vexetal autóctono de camelia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Sen custo

12.4.2013

Acordo interadministrativo de colaboración acadado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Consellería de Economía e Industria (Instituto Galego de Promoción Económica) sobre o traspaso ao Igape das cantidades transferidas á dita consellería por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Conferencia sectorial, en concepto de subvención dos préstamos acollidos á Orde APA.165.2008, do 31 de xaneiro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas aos titulares de explotacións gandeiras para sufragar o custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria.

706.642,25

15.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Caixa Rural Galega, polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Caixabank, S.A., polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Caixa Geral, polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Gallego, S.A., polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Grupo Banco Popular, polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Novagalicia Banco, polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Etcheverría, polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, polo que se instrumentan medidas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Caixa Rural Galega para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Caixabank, S.A. para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Caixa Geral, S.A. para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Gallego, S.A. para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Novagalicia Banco para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Etcheverría para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Addenda ao Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira Banco Bilbao Vizcaya Argentaria para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Sen custo

16.4.2013

Convenio específico de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.

Sen custo

25.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) para a realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia nas explotacións leiteiras.

900.000,00

30.4.2013