Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (46/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 46/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Barreiro Pires contra as empresas APV Motor, S.A. Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte á sentenza, declároa firme e acordo o arquivo destas actuacións.

Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 239 da Lei de xurisdición social, faise constar que a sentenza foi notificada con data do 31 de xullo de 2013 a Sergio José Barreiro Pires e ao Fogasa, e con data do 31 de xullo de 2013 no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, o 22 de agosto de 2013, a APV Motor, S.A. Millarent, S.L. e Sanrent, S.L.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorreu.

A secretaria xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

A secretaria xudicial