Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 118/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA, CT e RBT Costa Vixide.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,042 km, coa orixe no apoio nº 88 existente da LMT SIG-802, tramo entre a derivada ao CT Montaos (expediente 27570) e a derivada ao CT Guindibó (expediente IN407A 25/1995), en condutor LA-56/54,6 e remate no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión aérea con orixe no CT Vixide (proxectado) cunha lonxitude de 1,454 km, en condutor RZ e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña