Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2013/201-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: adecuación LMTS e CT Vilaboa.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 42 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado e final no apoio nº 1 da LMT aérea VAR803A. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado na rúa Vilaboa, Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra