Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39089

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución LD-02/2013, do 18 de agosto de 2013, pola que se convoca, para a súa provisión polo sistema de libre designación, un posto de supervisor/a da Área Cirúrxica.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a súa provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a de área funcional da Área Cirúrxica do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 2 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude a xustificación documental dos méritos que aleguen.

Ferrol, 18 de agosto de 2013

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol