Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39081

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 13 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Pola Orde do 15 de xullo de 2013 (DOG nº 148, do 5 de agosto) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 2 de agosto de 2013 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días a partir do día seguinte ao do seu cesamento, de tratarse da mesma localidade onde presta actualmente servizos o/a traballador/a, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. No caso de baixa por incapacidade temporal, iniciarase o cómputo a partir da data da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Datos persoais:

Apelidos e nome: Roca Castro, Mª Beatriz.

NRP: 3330782113 A2060.

Corpo/escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Xestión.

Código do posto: SAC991000127001001.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.