De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas e de luns a venres . A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º do termo municipal de Lugo
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.
Lugo , 28 de agosto de 2013
José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2013/052.
Denunciado: Razvan Roua.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/056.
Denunciado: Augustín Daniel Marín.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/104.
Denunciado: Razvan Roua.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/175.
Denunciado: Razvan Roua.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.