Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38424

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (288/2012).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio que no procedemento de filiación seguido por instancia de Santiago Domínguez Penedo fronte a herdeiros descoñecidos e incertos do falecido Jesús Fuentes Feal, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que, admitindo a demanda presentada polo procurador Sr. Aba Veiga, en nome e representación de Santiago Domínguez Penedo, debo declarar e declaro que Jesús Fuentes Feal é pai extramatrimonial de Santiago Domínguez Penedo, debendo practicarse a oportuna inscrición rexistral.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Así o acorda, manda e asina, Carmen Castro Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos».

E encontrándose o devandito demandado, herdeiros descoñecidos e incertos do falecido Jesús Fuentes Feal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 7 de marzo de 2013

A secretaria xudicial