Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANUNCIO do 16 de setembro de 2013 polo que se empraza a Isonor Quality, S.L. e outra entidade para seren notificadas por comparecencia en referencia ao procedemento administrativo de subvencións PR520A-2011.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, unha vez intentada a súa notificación polo servizo de Correos e non ter sido posible, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sitas no Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Interesada

NIF

Expediente

Acto de notificación

Isonor Quality, S.L.

B36275519

PR520A-2011-315

Notificación relativa ao expediente citado

Sondara Solución, S.L.N.E.

B36995678

PR520A-2011-180

Notificación de resolución de recurso de reposición