Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación de local para a instalación de ascensor no edificio.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 24 de xullo de 2013, por delegación do alcalde a través de Decreto do 13 de xuño de 2011, emite decreto no que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto.

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado na rúa Arxentina 4, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares: Clarisa Miñones Santos.

Ben: local comercial planta baixa.

Predio rexistral: 19.159 do Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña.

Tipo afección: parcial.

Superficie afectada: 7,90 m2.

Valor de expropiación: 13.956,33 €.

2. En virtude do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do Concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

3. O expediente someterase a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia e estará exposto na Oficina Municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificarase individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos.

4. Requirir á comunidade de propietarios do edificio situado na rúa Arxentina 4, en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que, con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, deposite o importe ou aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a dous mil setecentos noventa e un euros con vinte e sete céntimos (2.791,27 €)».

O que se publica para os efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 2 de agosto de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área
de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio