Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (expediente 25/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (expediente 25/2013).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18971

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 116, do 19 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 57.400,00 €; IVE (21 %): 12.054,00 €; importe total: 69.454,00 €.

Valor estimado: 86.100,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 21 de agosto de 2013.

b) Adxudicataria: Prosenorsa, S.L. (B-15902265).

c) Importe neto: 57.328,02 €.

IVE (21 %): 12.038,88 €.

Importe total: 69.366,90 €.

d) Data de formalización do contrato: 31 de agosto de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta que se presentou á licitación e que cumpre cos requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar