Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38063

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de setembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 7 de febreiro de 2013 (DOG núm. 38, do 22 de febreiro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 30 de setembro de 2013 ás 11.00 horas.

Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos/Ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.

Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición coa que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

PR9010000015770052

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

2

PR9010000015770053

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

3

PR9010000015770054

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

4

PR9010000015770055

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

5

PR9010000015770056

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

6

PR9010000015770057

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

7

PR9010000015770058

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

8

PR9010000015770059

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

9

PR9010000015770060

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

10

PR9010000015770061

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

11

PR9010000015770062

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

12

PR9010000015770063

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

13

PR9010000015770064

PR

Técnico/a superior sistemas e tecn. da información

A1

25

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela