Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 12 de setembro de 2013 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32063-32064/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo o 18 de xullo de 2013.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora, nº 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de setembro de 2013

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente: 32063-32064/2012.

Interesada: Reverse Osmosis Technology, S.L.

NIF: B32416646.

Acto notificado: resolución dos expedientes sancionadores.