Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37942

VI. Anuncios

b) Administración local

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013, do Consello de Administración, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de cafetaría e restaurante da estación de autobuses de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: servizo de explotación e xestión do servizo de cafetaría e restaurante da estación de autobuses de Santiago de Compostela, situada na avenida Rodríguez de Viguri.

Canon de licitación:

• Canon mínimo de alugamento da cafetaría: 2.000 €/mes + o IVE correspondente (canon obrigatorio).

• Canon variable: 2 % dos ingresos correntes a partir do cuarto ano (este incluído) + o IVE correspondente (canon obrigatorio).

• Canon instalación máquinas de vending: 50 €/mes por máquina + o IVE correspondente (canon opcional).

Procedemento de adxudicación: licitación pública polo procedemento aberto.

Duración do contrato: oito anos.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), 15704 Santiago de Compostela-A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación e información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10. Fax 981 57 43 24. Na web da sociedade, www.tussa.org

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: a sinalada na cláusula 17.1 do prego de cláusulas administrativas.

Clasificación do contratista: non se exixe.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de plicas: a data e o lugar de apertura do sobre núm. 2, que terá lugar en acto público, anunciarase cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa realización, no perfil do contratante: www.tussa.org

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano
de Santiago, S.A. (TUSSA)