Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (469/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento actos preparatorios 469/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Formoso López contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. sobre actos preparatorios e medidas provisionais, se ditou auto do 29 de xullo de 2013 coa seguinte parte dispositiva:

Accedo á práctica da dilixencia preliminar, exhibición de documentos solicitada e para tal fin requírase a Esabe Vigilancia, S.A. para que no prazo de cinco días achegue a Joaquín Formoso López copia das nóminas do dito traballador correspondentes aos meses de xuño a setembro de 2012 ambos os dous incluídos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación e de requirimento en legal forma á entidade Esabe Vigilancia, S.A. insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

A secretaria xudicial