Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37900

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de setembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, os postos de supervisor/a de unidade que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito en el Edificio Administrativo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, primeira planta, dirixidas á xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 2 de setembro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de unidade de coidados intensivos.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade de coidados intensivos neonatais e pediátricos.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade de urxencias.

Número de vacantes: 3.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade de dixestivo.

Número de vacantes: 3.

Denominación do posto: supervisor/a de unidade de hospitalización a domicilio.

Número de vacantes: 3.