Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013205AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 12 de agosto de 2013, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2013205AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Cárnicas Narón, S.L.N.E.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Cárnicas Narón, S.L.N.E. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de setembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013205AL-CO.

Interesada: Cárnicas Narón, S.L.N.E.

DNI/NIF/CIF: B70276373.

Último enderezo coñecido: Finca Dopico, 3, 15570 Narón.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigo 57.2.c), artigo 57.c) 1º e 2º.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigos 9, 50, 51.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto do 2007), artigos 4 e 5.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 € (trescentos euros).