Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública do Plan xeral de ordenación municipal aprobado inicialmente.

Tendo en conta as publicacións no DOG do 2.8.2013 e nos xornais Faro de Vigo e
Atlántico Diario, ambas do 6.8.2013, en que se somete a información pública polo prazo de dous meses o Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas, aprobado inicialmente segundo acordos do 18 de xuño e 9 de xullo de 2013.

Por medio desta publicación, anúnciase que a Corporación municipal, en sesión plenaria do 17.9.2013, acordou ampliar un mes máis o prazo de exposición pública do PXOM aprobado inicialmente, contado desde a finalización do prazo de exposición pública derivado dos anuncios publicados no DOG do 2.8.2013 e nos citados xornais do 6.8.2013.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ponteareas,18 de setembro de 2013

Salvador González Solla
Alcalde