Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37717

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 18 de setembro de 2012 pola que se fai pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Mediante a Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro) fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que serán membros do Consello Social, entre outros, un ou unha estudante elixido polo Consello de Goberno da universidade de entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos. O citado artigo tamén recolle que a representación dos intereses sociais no Consello Social corresponde, entre outros, a un membro por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 8 de agosto de 2013 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia escrito do Consello Social da Universidade da Coruña, en que se comunicaba a designación de Santiago Porta Dovalo como representante do sindicato nacional de Comisións Obreiras no Consello Social da UDC, en substitución de Raquel Parada Serantes, que causa baixa por renuncia.

O 13 de setembro de 2013 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia escrito do Consello Social da Universidade da Coruña relativo á incorporación de Miguel Valeiro Mouriño, en representación dos estudantes no Consello Social da UDC, en substitución de José María Castrillo Neira, que causa baixa por finalizar o seu mandato.

Achega certificación do Consello de Goberno da UDC do 9 de xullo de 2013, así como declaración de non estar incurso nas incompatibilidades sinaladas no artigo 78 da mencionada Lei 6/2013.

O artigo 77 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a Santiago Porta Dovalo como representante do sindicato nacional de Comisións Obreiras de Galicia no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Raquel Parada Serantes.

Artigo 2

Nomear a Miguel Valeiro Mouriño, designado polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña na súa sesión do 26 de xuño de 2013, en representación dos estudantes, representante no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de José María Castrillo Neira.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria