Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación de colaboración entre o sector público e o sector privado para dispoñer dunha solución global que cubra as necesidades de realización de probas e procedementos de diagnóstico por imaxe, intervencionismo, medicina nuclear e radioterapia (DC-SER1-13-054).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 11.10.2013.

d) Número de expediente: DC-SER1-13-054.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: colaboración entre o sector público e o sector privado.

b) Descrición: dispoñer unha solución global que cubra as necesidades de realización de probas e procedementos de diagnóstico por imaxe, intervencionismo, medicina nuclear e radioterapia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/3.

d) Prazo de execución/entrega: inicialmente 8 anos, aínda que podería modificarse atendendo ao resultado do diálogo competitivo.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33111000-1, 33123000-8, 33124000-5, 33151000-3, 50420000-5 e 51400000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo. Ao tratarse dun contrato de colaboración entre o sector público e o sector privado os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas foron substituídas por un documento descritivo e un programa funcional.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: os criterios de adxudicación detállanse na cláusula 5.11.1 do documento descritivo e poderán ser susceptibles de concreción tanto os avaliables de forma automática como os non automáticos, polo órgano de contratación ao finalizar a fase de diálogo e incluiranse na invitación de presentación de proposta de solución final respectando a repartición de puntuación establecida na cláusula 5.11.1.

4. Valor estimado do contrato: 73.000.000 de euros.

5. Ozamento base de licitación:

a) Importe neto: 0 euros. Importe total: 0 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: si, 50.000 €/lote. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 11.10.2013.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4.9.2013.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos