Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37760

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 328/2013, interposto por Gerardo Ordas Patiño.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 328/2013, interpuesto por Gerardo Ordas Patiño contra a Resolución da Consellería de Facenda do 26 de febreiro de 2013 pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 27 de xuño de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública