Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37379

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 5 de setembro de 2013 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de catro (4) técnicos superiores para o desenvolvemento de proxectos dentro do Plan marco, submedida 323.23, de conservación e mellora do patrimonio rural 2007-2013, e do Plan marco, submedida 214.2.4, de accións de conservación de recursos xenéticos na agricultura/cultivos do PDR de Galicia, e un (1) técnico superior para o desenvolvemento do proxecto Feader 2012/02 no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/
instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/

Aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria dos seguintes procesos selectivos:

1. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun (1) técnico/a I na especialidade de tecnoloxía dos alimentos mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento do proxecto de investigación denominado: Tecnoloxías para a obtención dun novo leite de vaca enriquecido de forma natural en antioxidantes en granxas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Ref. Feader 2012/02).

2. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de dous (2) técnicos/as I especialistas en produción vexetal mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento dos proxectos de investigación denominados: Potenciación do banco de recursos fitoxenéticos de millo existente no Ciam-Ingacal e Actualización do banco de xermoplasma de ecotipos de especies pratenses no Ciam-Ingacal, que se desenvolverán dentro da medida 214.2.4 do PDR denominada conservación dos recursos xenéticos na agricultura.

3. Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de dous (2) técnicos/as I, mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento das actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación dirixidas á conservación dos recursos xenéticos forestais, que se executarán dentro da submedida 323.23 do Plan marco de conservación e mellora do patrimonio rural 2007-2013.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria