Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de agosto de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e, sucesivamente, inter vivos da concesión e da batea O.T. II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea O.T. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 19.8.2013, Fco. Luis Rodríguez Ojea, en nome e representación da comunidade de herdeiros de Emilia López García, solicitou autorización para a transmisión mortis causa e, sucesivamente, inter vivos da concesión e da batea O.T. II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa e inter vivos, a favor de Ángel Manuel Rodríguez López (52935400A), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: O.T. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 68.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 28.10.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Fco. Luis Rodríguez Ojea e Emilia López García (33197671T-76493555V), 100 % gananciais.

Novo titular: Ángel Manuel Rodríguez López (52935400A), 100 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambo os casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de agosto de 2013

P.D. de sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños