Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37383

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 30 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para a súa cobertura polo procedemento de provisión de concurso de méritos, unha praza de xefe de sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación).

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a súa cobertura polo procedemento de provisión de concurso de méritos, dunha praza de xefe de sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación).

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no rexistro da Estrutura de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 30 de agosto de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe de sección de Informática (área funcional de calidade, investigación, desenvolvemento e innovación) da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: categorías de técnicos de sistemas e tecnoloxías da información dos grupos A1, A2 ou C1.

Nº de vacantes: 1.