Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato de arrendamento, con opción de compra, e mantemento dun sistema físico de almacenamento de información (AB-EIP1-13-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-13-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de subministracións.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra, e mantemento dun sistema físico de almacenamento da información no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 48180000-3.

e) Medio da publicación do anuncio da licitación: DOG, BOE e DOUE.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 5 de marzo de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 313.608,41 euros.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 285.098,55 euros.

b) Importe total: 344.969,24 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de maio de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 28 de xuño de 2013.

c) Contratista: Internacional Periféricos y Memorias España, S.L.U. (CIF B62758602).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 282.088,00 euros.

• Importe total : 341.326,48 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 12 de agosto de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés