Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37080

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 152/2013, interposto por María Concepción Carbó González e catro persoas máis.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 152/2013, interposto por María Concepción Carbó González, María Teresa Fuentes Tojo, María Cristina Pazo Paniagua, Delia Moya Núñez e María Fátima Fernández Maquieria contra a Resolución do 3 de maio de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de maio de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 92, do 15 de maio).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública