Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2013 pola que se anuncia a licitación para a contratación, por procedemento aberto, do servizo de mantemento do edificio desta escola.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral (Servizo Económico-Administrativo).

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

2. Domicilio: rúa Madrid, 2-4.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4. Teléfonos. Información de índole técnica e administrativa: 981 54 62 40 e 981 54 62 42.

5. Telefax: 981 54 63 37.

6. Correo electrónico: económico.egap@xunta.es; secretaria.egap@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?=19421

8. Data límite de obtención da documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

2. Número do expediente: 1380256.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento do Edificio Administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non lotes.

d) Lugar de execución: edificio da EGAP.

e) Prazo de execución: un (1) ano desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Prórroga: si.

g) CPV:50800000-3.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

5. Orzamento base: 50.215 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: 3 % do importe de licitación sen IVE (1.245 €).

b) Definitiva: 5 % do importe do prezo de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, telefax ou burofax o mesmo día. O número de telefax é o 981 54 63 37.

c) Lugar de presentación:

a) Dependencia: Rexistro da EGAP.

b) Domicilio: rúa Madrid, 2-4.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Secretaría Xeral da EGAP.

b) Dirección: rúa Madrid, 2-4.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública