Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2013 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio de dominio público hidráulico (DH.D15.30623, DH.D15.30704 e DH.D36.18283).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións sancionadoras ditadas polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresaria, praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sita no enderezo arriba indicado.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Precepto infrinxido

Cualificación

Sanción

Reposición

DH.D15.30623

Marina Vigo García

Pereira, O Deveso

15684 As Pontes de García Rodríguez

27.5.2013

Arquivamento

84) LAG

DH.D15.30704

Herdeiros de Manuel Varela Seoane

r/ Cuntis, 2-2D

36209 Vigo

3.6.2013

Arquivamento

84) LAG

DH.D36.18283

O.CH Assistance, S.L.

Lugar de Aguís, 1B, Simes

Meaño-Pontevedra

26.4.2013

Arquivamento

84) LAG