Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-84/2013 RE e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 27 de agosto de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-84/2013 RE.

Denunciado: Nicolae Florin.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-85/2013 RE.

Denunciado: Trifu Cirpaci.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-86/2013 RE.

Denunciado: Sergiu Constantin Plesca.

Acto notificado: proposta de resolución.