Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de setembro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica aos titulares de varios establecementos que se relacionan a resolución da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Café Bar Munín.

Titular: Jamuba, S.C.

Enderezo: avenida Finisterre, 205.

Concello: A Coruña.

Establecemento: Café Bar Pontemaceira.

Titular: José Ángel López Arandundi.

Enderezo: A Ponte Maceira.

Concello: Ames.

Establecemento: Café Bar Eutropio.

Titular: Eutropio Rodríguez Aris.

Enderezo: Rodrigo de Padrón, 9.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Café Bar Yoli’s.

Titular: Yolanda Martínez Bermúdez.

Enderezo: rúa A Piroja, 16.

Concello: Vimianzo.