Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se emprazan as persoas interesadas no expediente 02/27/08/00189 de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola ano 2008.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a non ser posible a súa notificación por descoñecemento do enderezo dos herdeiros, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de arquivo do expediente por falecemento do beneficiario da axuda relativa ao expediente núm. 02/27/08/00189 de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola ano 2008.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas en rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles ás persoas interesadas un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á aquel en que se produza a notificación da resolución, para que poidan interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: núm. 02/27/08/00189.

Interesado: herdeiros de Manuel Maside Pombo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vilesteva, s/n, 27699 Láncara (Lugo).