Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a persoa interesada o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención número 11270288/2008.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 11270288/2008. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase a interesada de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistida da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 11270288/2008.

Interesada: Ana María Pura López Díaz.

Último enderezo coñecido: praza Santo Domingo, 24, 27001 Lugo.

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 28 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.