Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución da obra pública hidráulica que se cita, non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2) Obxecto do contrato: obra.

– Descrición: saneamento e estación depuradora de augas residuais da Reigosa. Ponte Caldelas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.990.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 e 45232420-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 166, do 31 de agosto de 2012.

Orzamento base de licitación: importe neto: 661.995,88 euros. Importe total: 801.015,01 euros.

Data de adxudicación: 11 de xuño de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 579.000 euros. Importe total: 700.590 euros.

Data de formalización do contrato: 20 de xuño de 2013.

Contratista: Construcciones Caldevergazo, S.L.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), de acordo coa Decisión C (2012) 1621 da Comisión Europea, do 27 de marzo de 2012, que modifica a Decisión C (2007) 6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.

En concreto, encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.4: ampliación e/ou adecuación das estacións de tratamento de augas residuais existentes, construción de novas plantas e posta en marcha e explotación delas. Unha maneira de facer Europa.

4) Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file