Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para reaxuste de aliñacións.

Con data do 19.8.2013 a alcaldía do Concello de Coristanco ditou un decreto cuxa parte dispositiva recolle o seguinte:

Aprobar inicialmente o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións na Primeira Travesía do Muíño, redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, e someter este a información pública por un prazo de 20 días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

O estudo de detalle estará á disposición dos interesados durante o período de exposición nas oficinas xerais do concello de luns a venres en horario de oficina (8.00 ás 14.00 horas) para a presentación das alegacións que consideren oportunas.

E, para que así conste, para os efetos de que se cumpra o arriba prescrito, asino este anuncio.

Coristanco, 21 de agosto de 2013

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde