Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36501

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de agosto de 2013 pola que se modifica a Orde do 9 de agosto de 2013 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior, e se corrixen erros.

En virtude da Orde do 9 de agosto de 2013 aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior (Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 14 de agosto).

Por Resolución do 23 de agosto de 2013, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estimou parcialmente o recurso potestativo de reposición interposto polo CPR Plurilingüe Lar de Mos (Pontevedra) contra a devandita orde de aprobación dos concertos educativos para o curso 2013/14 e seguintes.

Así mesmo, no anexo I da orde, no relativo ao concerto de ciclos formativos de graos medio e superior, existen diversos erros materiais que afectan o concello, a denominación dos centros e a denominación das ensinanzas, polo que cómpre realizar a correspondente corrección.

En consecuencia, de conformidade coa Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2013 (DOG núm. 62, do 1 de abril) pola que se establecen as normas para a aplicación, a partir do curso académico 2013/14, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e en aplicación do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar o anexo I da Orde do 9 de agosto de 2013 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior, no relativo ao concerto do CPR Plurilingüe Lar de Mos (Pontevedra) segundo se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Corrixir os erros advertidos no anexo I da Orde do 9 de agosto de 2013, efecto para o que se publica de novo o concerto de ciclos formativos de graos medio e superior dos centros educativos que se detallan no anexo II desta orde.

Contra esta orde de modificación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, conforme os artigos 8, 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código

Centro

Concello

E. infantil

E. primaria

1º e 2º ESO

3º e 4º ESO

Educación especial

2º ciclo

Ord.

Horas orient.

Ord.

Horas orient.

Psíquicos

Aut.

Pluri.

Ord.

Pad.

Ord.

Pad.

Ord.

Pad.

Provincia: Pontevedra

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

6

0

9

0

3

12

4

13

2

0

0

0

ANEXO II

Ciclos formativos de grao medio.

Código

Centro

Concello

Unidades concertadas

Denominación

Provincia: A Coruña

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

1

1º C. de Produción Agropecuaria

15021974

1

2º C. de Produción Agropecuaria

Provincia: Pontevedra

36011609

CPR Colegio Hogar Novacaixagalicia

Vigo

1

1º C. de Preimpresión Dixital

36011609

 

 

1

2º C. de Preimpresión Dixital

36011609

 

 

1

2º C. de Equipos Electrónicos de Consumo

36011609

 

 

1

1º C. de Instalacións de Telecomunicación

36011609

 

 

2

1º C. de Mecanizado

36011609

 

 

2

2º C. de Mecanizado

36011609

 

 

1

1º C. de Instalacións Eléctricas e Automáticas

36011609

 

 

1

2º C. de Instalacións Eléctricas e Automáticas

36011609

 

 

1

1º C. de Soldadura e Caldeiraría

36011609

 

 

1

2º C. de Soldadura e Caldeiraría

36011609

 

 

1

Impresión en Artes Gráficas

Ciclos formativos de grao superior.

Código

Centro

Concello

Unidades concertadas

Denominación

Provincia: Pontevedra

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

1

2º C. de Mantemento Electrónico

36011191

1

1º C. de Automatización e Robótica Industrial

36011609

CPR Colegio Hogar Novacaixagalicia

Vigo

1

1º C. de Automatización e Robótica Industrial

36011609

 

 

1

2º C. de Automatización e Robótica Industrial

36011609

 

 

1

1º C. de Programación da Produción en Fabricación Mecánica

36011609

 

 

1

2º C. de Programación da Produción en Fabricación Mecánica

36011609

 

 

1

1º C. de Mantemento Electrónico

36011609

 

 

1

2º C. de Mantemento Electrónico