Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios e non avaliables de forma automática, cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (procedemento AB-HLA1-13-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte (Hospital Lucus Augusti).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfonos: 982 29 60 24, 47 e 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-HLA1-13-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza dos locais e das dependencias que ocupan os centros hospitalarios seguintes, integrantes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte: Hospital Lucus Augusti, locais e dependencias actualmente en funcionamento do Hospital Calde, consultas de saúde mental sitas no antigo edificio administrativo do Hospital Xeral, así como o resto doutros servizos descritos no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non/único.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Lugar: Hospital Lucus Augusti.

2) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8 Servizos de limpeza de edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o número 5.5. do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 31.657.202,71 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importes: s/IVE: 18.089.830,12 €, IVE (21 %): 3.798.864,32 €, c/IVE: 21.888.694,44 €.

6. Garantías exixidas: provisional (importe): non/0,00 €. Definitiva: 5 % (%) do orzamento s/IVE do contrato (904.491,51 €).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): U, 1, D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso (para os empresarios non españois dos Estados membros da Unión Europea):

1) Ver cláusula 4.3.3., normas especiais, do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

1. Data límite de presentación: 14.00 horas do día 4 de novembro de 2013.

2. Modalidade de presentación: a indicada nos pregos.

3. Lugar de presentación:

a) Dependencia: Rexistro Xeral, 2ª pta. do Hospital Lucus Augusti.

b) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romero, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

Se o último día de presentación ou de envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, ese prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

4. Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

5. Admisión de variantes, se procede: non.

6. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas:

1) Descrición: apertura pública.

2) Dirección: Hospital Lucus Augusti, r/ Dr. Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 12.9.2013.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 3 de setembro de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte