Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas ao programa de incentivos á transformación en indefinidos de determinados contratos temporais realizados con mozos e mozas, regulada na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 2 de abril), relativo ao expediente TR347E 2008/35-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 23 de agosto de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347E 2008/35-2.

Nome: Cocinas Azabache, S.L.

DNI/NIF: B27262559.

Último enderezo coñecido: polígono industrial, parcela 15A, 27800 Vilalba (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo E, punto 1, da Orde do 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.