De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a sociedade interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo o 14 de maio de 2013.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo con enderezo na avda. de Zamora, nº 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 3 de setembro de 2013
Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo
ANEXO
Expediente número: 32070/2012.
Interesada: Expo Jerusalén Ourense, S.L.
NIF: B32295362.
Acto notificado: resolución do expediente sancionador.