Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36700

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 20 de agosto de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Por Orde desta consellería do 26 de xuño de 2013 (DOG nº 129, do 9 de xullo) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 26 de xuño de 2013 (DOG nº 129, do 9 de xullo) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo II desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Posto: director/a de procesos con ingreso.

Nome e apelidos: Sonia María Fernández-Arruty Ferro.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: Guillermo Varela Bastida.

ANEXO II

Posto: xerente executivo/a de Barbanza.

Nome e apelidos: Laura María Ballesta López.