Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36184

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data de sinatura

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Sociedade Cooperativa Galega (Arvi) en materia de prevención de riscos laborais no sector da pesca litoral, de altura e gran altura.

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais dirixidas aos traballadores e traballadoras das actividades da pesca litoral, de altura e gran altura, utilizando como principal instrumento o servizo de prevención mancomunado, por ser o órgano de asesoramento na materia que se configura como o instrumento idóneo para a promoción da prevención e que ten como fin a mellora das condicións de vida e traballo das tripulacións e dos outros traballadores que realicen a súa actividade en terra. Farase especial fincapé nas actividades de coordinación de actividades preventivas.

0 €

24.7.2013