En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan parcial da área de repartición AR-13-sector SUR-13, concello do Barco de Valdeorras, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1556/2013.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental