Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para ampliación de corte e construción de fosa de zurro.

José Antonio Carro Barral, en representación de Finca Bermui, S.C. solicita licenza municipal para a ampliación de corte de vacún de leite e construción dunha fosa de zurro no lugar de Bermui, parroquia de Bascoi, parcela 155 do polígono 508 de catastro, no termo municipal de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do Concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 9 de setembro de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde