O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
Dispoño:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Importe |
Data de sinatura |
Convenio coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo |
Desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai) |
20.000,00 € |
17.5.2013 |
Acordo de colaboración co Consello da Cultura Galega |
Divulgación das exposicións Luces de alén mar e Nós mesmos en España e América, elaboración e publicación de informe sobre o estudo A emigración galega en Europa |
35.000,00 € |
26.6.2013 |
Fundación Española Salud en Venezuela |
Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela |
30.000,00 € |
4.7.2013 |
Sociedad Beneficente Rosalía de Castro de Sao Paulo en Brasil |
Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Sao Paulo (Brasil) |
12.000,00 € |
4.7.2013 |
Centro Gallego de México |
Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en México |
10.000,00 € |
12.7.2013 |
Asociación de Centros e Casas Galegas de Cataluña |
Financiamento de gastos de funcionamento e conservación das instalacións, adquisión de equipamento e actuacións formativas e culturais |
66.465,00 € |
8.8.2013 |
Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña: Agarimos de Badalona, Rosalía de Castro de Cornellá e Casa Galega de L′Hospitalet |
Financiamento de gastos de funcionamento e conservación das instalacións, adquisión de equipamento e actuacións formativas e culturais |
36.500,00 € |
8.8.2013 |
Centro Galego de Barcelona: Casas de Galicia de Barcelona e provincia |
Financiamento de gastos de funcionamento e conservación das instalacións, adquisión de equipamento e actuacións formativas e culturais |
66.933,00 € |
8.8.2013 |
Centro Gallego de Santa Fe de Arxentina |
Realización de obras de reforma na súa sede social |
14.000,00 € |
22.8.2013 |