Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 19 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a María Jesús Silva Pérez para ser notificada por comparecencia en materia de reintegro de pagamentos indebidos.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a María Jesús Silva Pérez para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2 , 7º andar, Edificio Administrativo de Monelos, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 19 de agosto de 2013

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña