Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2013 pola que se lles comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento, aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), mediante esta resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRXPAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e, contra elas, os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense á disposición das persoas interesadas neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2008.1.27

Trabajos Especiales Carpintería Metálica, S.L.

Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008; DOG núm. 55, do 18 de marzo)

21.5.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG133.2010.2.310

Asociación Gallega de Profesionales y Técnicos del Sector Servicios

Axudas á implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental, sistemas integrados de calidade e ambiente, excelencia empresarial e sistemas de xestión de seguridade da información cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010; DOG núm. 100, do 28 de maio)

31.7.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

I1/10.0072.0405.N.10072202

Asados, C.B.

Axudas para o apoio financeiro aos investimentos das pemes de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010 (Resolución do 23 de novembro de 2010; DOG núm. 230, do 30 de novembro)

20.6.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

I1/09.3070.0031.N.446062268658

Cepeda Sáez, Alberto

Convenio Igape-ICO-EEFF (Resolución do 7 de abril de 2009; DOG núm. 73, do 17 de abril)

22.7.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

L1/05.0072.0114.N.1805

Julio Parada, S.A.

Convenio leasing (Resolución do 27 de xaneiro de 2004; DOG núm. 20, do 30 de xaneiro)

20.6.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos