Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre reforma de unidade de subministración no lugar de Cercio (expediente número 7230/13).

Por instancia de Cobideza, Sociedade Cooperativa, representada por Román Santalla Agra, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza para reforma de unidade de subministración no lugar de Cercio, parroquia de Cercio, Lalín (Pontevedra), expte. núm. 7230/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 5 de setembro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo